IniciosociedadeA Mariña reivéntase para preservar a "maxia" e a saúde nun Nadal...

A Mariña reivéntase para preservar a “maxia” e a saúde nun Nadal atípico

A visita polas rúas de Papá Noel, o concerto de bandas sonoras de Suakai e o teatro infantil son as apostas do programa do Concello de Foz, que acenderá o alumeado o xoves

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz presentou a programación do Nadal 2020, unha programa no que “todo se reinventa” por mor da Covid-19, admite o goberno local, “para garantir que a maxia desta época do ano siga máis viva ca nunca, nun contexto onde as garantías sanitarias deben estar por encima de todo”. Así o anunciou o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto. O alumeado das rúas focegas acenderase este xoves, día 3, ás 19.00 horas.

Segundo concreta López Couto, “o teatro infantil cobra un protagonismo especial”, con “obras adaptadas para idades desde os dous anos, polo que os papás terán onde escoller. As representacións serán na sala Bahía ás 18.30 horas, previa cita ata completar aforamento”, concreta.

No tocante á visita de Papá Noel o día 24, “cos seus axudantes elfos vai pasear polas rúas, con pequenas sorpresas para os pequenos. Asegúrannos que este Nadal reforzouse o plantel, para que os agasallos saian con todas as medidas sanitarias”.

O día 27 haberá un concerto do grupo Suakai, especializado en música instrumental de corda, vendo e metal, e a interpretación de bandas sonoras de cinema, que ofrecerá dous pases pola limitación de aforamento da Sala Bahía, ás 18.00 e ás 20.00 horas.

O alcalde e a concelleira remataron anunciando que “o gran estreo deste programa será este xoves, día 3 de decembro, ás 19.00 horas, no que Foz se ilumina co gran acendido do alumeado do Nadal 2020, adiantado por mor das previsións de inclemencias meteorolóxicas. Quixemos que unhas datas tan entrañables se sintan tanto no núcleo urbano como nas parroquias, por iso as luces e as festas deben chegan a todos os recunchos do concello”, remarcaron. Podes consultar o programa completo neste pdf. Cartel Nadal Concello de Foz

O VENCELLO, ACIA E BURELA FLORAL PIDEN DECORAR OS BALCÓNS, FIESTRAS E PORTAIS CON MOTIVOS DO NADAL

A asociación de veciños O Vencello, ACIA Burela e a Asociación Cultural Burela Floral animan á veciñanza a participar na iniciativa “Ilumina Burela polo Nadal”, que pretende “impulsar na nosa vila a ilusión e a esperanza destas datas mediante o engalanado de balcóns, fachadas, fiestras, portais con decoracións dos festexos”.

Esta iniciativa “pretende ser tamén unha mostra de apoio de toda a veciñanza Burela ao noso comercio local e hostalería nestes momentos nos que están a verse especialmente castigados por mor da pandemia“.

“Se por algo se ten caracterizado sempre Burela é precisamente polo seu carácter solidario. Por iso, estamos convencidos de que a nosa proposta será ben recibida polos veciños e agardamos que nos vindeiros días a nosa vila mude a súa faciana con cores e motivos de Nadal que nos axuden a todos a pasar estas datas máis alegres”, expoñen as agrupacións.

CONCURSO DE POSTAIS EN LOURENZÁ

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de postais entre os escolares de Infantil e Primaria do municipio. A premiada será empregada pola administración local como felicitación de Nadal.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “os traballos deberán presentarse en cartolina A4 e a técnica é libre. Establécese un único premio de 100 euros e trofeo”, expón. O prazo de entrega, na biblioteca municipal, está aberto ata o día 16 deste mes.

ACTIVIDADES EN ALFOZ

Alfoz presentou a súa programación cultural ata o día 18 de decembro. O xoves 3, na biblioteca, en horario de 18.00 a 19.00 horas, haberá un taller de libros electrónicos. O luns 7, no mesmo lugar pero de 10.30 a 13.00 horas, os pequenos de tres a doce anos poderán coñecer a sección de arte do espazo. As actividades son gratuítas e inscriben chamando ao consistorio.

O domingo 6, a través da Rede de Teatro Afeccionado da Deputación, o grupo Curuxán recreará ‘Improvincia’. O venres 18, ás 20.00 horas, será a quenda dos Baluros, con ‘Menciñeiro á forza‘. Ambas as obras serán na casa da cultura. Ademais, Papá Noel e os Reis Magos efectuarán videochamadas aos máis pequenos, de igual forma que en Burela e Xove.

O venres 11, de 16.30 a 18.00 horas, comenzan as visitas didácticas para coñecer o patrimonio artístico de Alfoz no Castelo de Castro de Ouro e na Igrexa de San Salvador. “Unha oportunidade única de desfrutar aprendendo da man de Dolores Barral, profesora de Arte na Universidade da Coruña”, remarca o Concello. Inscriben chamando ao consistorio. Finalmente, o goberno local impulsa un concurso de postais de Nadal, aberto ata o 11 de decembro, para nenos de entre 3 e 16 anos. Podes comprobar as bases aquí.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...