O total de casos activos por coronavirus continúa en descenso na área sanitaria de Lugo: son 911, 24 menos ca os contabilizados onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este mércores 2 de decembro. Por outra parte, os casos diarios mantéñense practicamente invariables respecto dos do día anterior: nas últimas 24 horas confirmáronse 38 novos positivos por PCR e dous falecementos, de usuarias das residencias de Guntín e Vilalba.
Dos 911, 32 permanecen ingresados, nove menos ca na anterior actualización. En concreto, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 24 pacientes, entre eles os dous da área sanitaria que requiren coidados intensivos; o da Mariña, catro (dous menos); e o de Monforte, outros catro (sen variacións).
As vítimas mortais da pandemia en Lugo ascenden a 125, con 5.281 altas e 6.318 persoas contaxiadas no histórico da provincia. Fixéronse 104.467 PCR, o que supón que na última xornada se realizaron un total de 719 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica, Burela, que permanecerá confinada perimetralmente e coa hostalería aberta con limitacións desde o venres, experimenta unha clara melloría, pasando de 26 positivos confirmados nos últimos 14 días a 13, a metade, cunha taxa de incidencia inferior aos 150 contaxios por 100.000 habitantes. Foz tamén reduce o número de casos novos nas últimas dúas semanas, dos 26 comunicados onte a 22, e cunha taxa superior ás 150 infeccións por 100.000 residentes.
Cervo baixa dos dez casos a 14 días, ao igual que Xove, Viveiro, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, Riotorto, A Pontenova e Ribadeo. Ourol, O Valadouro, Vicedo e Trabada seguen libres de Covid-19.
Le a información completa sobre Galicia no Galicia Confidencial.
RESIDENCIAS
No tocante ás residencias da Mariña, un usuario e un traballador da residencia de San Cibrao deron positivo, mentres que dous operarios resultaron negativos nas últimas probas, así como un empregado do xeriátrico San Rafael de Mondoñedo.
MAIORES
12 Residencia San Cibrao (Cervo)
18 Residencia San Salvador (Guntín)
1 Domusvi Monforte
115 Residencia Asilo Vilalba
TRABALLADORES
2 Residencia DomusVi Chantada
3 Residencia San Cibrao (Cervo)
7 Residencia San Salvador (Guntín)
1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia Albertia Lugo
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)
21 Residencia Asilo de Vilalba
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)