Os municipios de Foz e Ribadeo concentran 14 dos 18 positivos de coronavirus localizados nos centros educativos da Mariña, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Nas últimas horas déronse dous casos novos, ambos en Ribadeo, mentres que se produciu unha alta no IES Perdouro de Burela.
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
FOZ Escola Infantil de Foz 2 1 0
BURELA IES Monte Castelo 1 0 0
BURELA IES Perdouro 1 0 0 (unha alta)
FOZ CEIP O Cantel 4 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 3 0 0
FOZ IES de Foz 1 0 0
LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0
MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 3 0 0 (un máis)
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0 (novo)