O Concello de Xove anunciou a través dun comunicado de prensa a aprobación de 49 axudas para autónomos e microempresas para facer fronte aos efectos orixinados polo estado de alarma por mor da Covid-19. O goberno local destinou ás subvencións un total de 67.875 euros, unha cantidade “que xa foi ingresada aos solicitantes”. A previsión inicial do executivo municipal era de investir 100.000 euros.
Segundo concreta o Concello na nota, “establecéronse dous tipos” de axudas, “unha para establecementos obrigados ao peche e outra para os que –sen estaren obrigados a pechar- xustificasen unha reducción igual ou superior ao 40% dos seus ingresos en relación ao semestre anterior”.
O executivo local destaca que se trata “dun esforzo importante” para manter a “estrutura económica” municipal, “e axudar aos traballadores autónomos e microempresas, duramente golpeados pola crise do Covid-19”, conclúe.