IniciosociedadeMáis de 800.000 luces LED e figuras en 3-D no alumeado de...

Máis de 800.000 luces LED e figuras en 3-D no alumeado de Nadal de Ribadeo, que se estrea este venres

O investimento realizado nesta decoración é de preto de 24.000 euros, segundo o Concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou que mañá venres acenderá o alumeado de Nadal, que contará este ano con máis de 800.000 luminarias LED e estará en funcionamento ata o vindeiro día 7 de xaneiro. Neste 2020 “presenta novidades como as figuras en 3-D ou as luces que se poderán ver nalgunhas rúas”, expuxo o goberno local. O investimento realizado no alumeado de Nadal deste ano é de preto de 24.000 euros.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “segundo os datos que nos pasan os técnicos e os operarios da empresa de instalación do alumeado de Nadal, se sumamos todas as microluces que conforman a totalidade dos arcos, das iluminacións nas farolas e nas árbores e as das figuras tridimensionais estaríamos superando as 800.000 luces LED en total, unha cifra moi importante e moi significativa para Ribadeo e que acadamos por segundo ano consecutivo”.

O edil ribadense contou que “tan só a árbore instalada no parque de San Francisco, que ten unha altura duns 14 metros e cunha tecnoloxía RGB, que significa que vai cambiando alternativamente de cor, dispón duns 30.000 leds. Os arcos e os adornos instalados nas farolas son en ton branco frío con figuras de metacrilato e tiras de neón. Hai tamén figuras tridimensionais colocadas en diferentes puntos da vila, algunhas delas con detalles apropiados para os máis pequenos”, explicou.

UNHA INICIATIVA “PARA QUE A XENTE VEÑA MERCAR AO NOSO COMERCIO”

Vizoso engadiu que “mantemos a iluminación en todas as rúas ás que chegamos o ano pasado e incluso nalgúns casos ampliouse un pouco ata o final de avenidas como Rosalía de Castro ou de Asturias. Outra das novidades deste Nadal, xunto cos arcos e o resto da decoración, é a cortina de luz da rúa Reinante”.

O concelleiro de Comercio agarda que “esta iluminación nos anime, nos meta de cheo do Nadal e que serva para que xente siga vindo mercar ao noso comercio e a disfrutar da nosa hostalería, e en xeral a gozar de todos os servizos e atractivos que ofrece Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...