PUBLICIDADE
Inicio sociedade Máis de 120 vías lucenses, entre elas a LU-540 na Gañidoira, con...

Máis de 120 vías lucenses, entre elas a LU-540 na Gañidoira, con dificultades de tráfico pola neve

Ourol é un dos 19 concellos afectados; tamén o está a LU-122, na Pastoriza; no tramo do Fiouco na A-8 fica aberto o tráfico aínda que con visibilidade reducida

Alto do Fiouco, este venres. DGT

A Deputación de Lugo activou o dispositivo de inverno e traballa en máis de 120 estradas de 19 concellos da provincia para despexar o xeo e a neve na primeira onda de frío da tempada.

Polo de agora non hai ningunha estrada pechada ao tráfico, malia que nalgunhas zonas danse acumulacións de ata 15 centímetros de neve.

Os concellos afectados son: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita, Ribeira de Piquín, Quiroga, Ribas do Sil, O Incio, Samos, Tricastela, Muras, Vilalba, Ourol e Taboada.

Entre as estradas afectadas está a LU-540 entre o quilómetro 26 e o 26,3 (Muras); e a LU-122 entre o quilómetro e o 20 (A Pastoriza). No caso da A-8, á altura do Fiouco hai advertencia de visibilidade reducida por néboa, pero non se restrinxiu o tráfico. Consulta as outras vías con dificultades no Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here