Tres altas nos centros educativos de Foz e tres positivos novos nos de Ribadeo

Os dous municipios acumulan doce dos 15 positivos confirmados en escolas, colexios e institutos da Mariña Lucense

IES Dionisio Gamallo Fierros. GOOGLE MAPS

O número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Mariña Lucense mantense en 15, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). En Foz, que acumulaba a maioría dos positivos, houbo tres altas, na escola infantil e no IES, mentres que en Ribadeo coñecéronse tres novos contaxios, no CPR Sagrado Corazón e no IES Dionisio Gamallo Fierros.

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

BURELA IES Perdouro 1 0 0

FOZ CEIP O Cantel 3 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 3 0 0

(dúas altas na escola infantil de Foz)

(unha alta no IES de Foz)

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 3 0 0 (dous máis)
RIBADEO IES Dionisio Gamallo 1 0 0 (novo)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here