IniciosociedadeA residencia de Cervo queda sen usuarios contaxiados tras varias altas nas...

A residencia de Cervo queda sen usuarios contaxiados tras varias altas nas últimas horas

Baixa a presión asistencial no Hospital Público da Mariña, que atende un paciente con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -
O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 829, 29 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 39 positivos novos por PCR. Das 829 persoas contaxiadas, 27 permanecen ingresadas. O Hospital da Mariña atende un único paciente con Covid-19, despois de varias altas e de que ao longo desta semana falecese un usuario da residencia de San Cibrao que permanecía hospitalizado. O HULA coida de 23 doentes, entre eles o único da área sanitaria lucense que require de coidados intensivos, por tres o centro hospitalario de Monforte. No histórico documéntanse 130 falecementos (tras catro mortes comunicadas máis no xeriátrico de Vilalba), 5.464 altas e 6.424 contaxiados. Fixéronse 106.206 PCR, o que implica que desde a anterior actualización diaria efectuáronse só 460 probas, das que o 8,47% foron positivas.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

No tocante á situación epidemiolóxica, Foz baixa dos 20 positivos confirmados nos últimos 14 días, mentres que Burela, que recupera a mobilidade neste sábado, sitúase con 12 casos novos nas dúas últimas semanas. O resto dos municipios da Mariña están por debaixo dos dez contaxios nese mesmo prazo.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, o Sergas informou este sábado da alta epidemiolóxica a once usuarios do xeriátrico de San Cibrao, onde un brote de Covid-19 cobrouse a vida de doce dos 54 residentes do centro. Despois da última remesa de PCR realizadas, segundo concreta Mensajeros de la Paz, empresa concesionaria do centro, de titularidade municipal, xa non hai obreiros infectados e quedan dúas obreiras positivas.

MAIORES (positivos)

17 Residencia San Salvador (Guntín)

63 Residencia Asilo Vilalba

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Chantada

2 Residencia San Cibrao (Cervo)

7 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Orpea Lugo
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

19 Residencia Asilo de Vilalba

CENTROS EDUCATIVOS

Respecto dos centros educativos, localizáronse casos novos no CEIP de Cervo e no IES de Foz, sen que houbese altas desde a anterior actualización, para un total de 17 positivos.

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0 (novo)

FOZ CEIP O Cantel 3 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 3 0 0
FOZ IES de Foz 1 0 0 (novo)

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 2 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 3 0 0
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...