Galicia contabiliza este sábado, 5 de novembro, un total de 74 concellos nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, o que implica o 23,6% dos 313 concellos galegos. Despois de Ourense, con 46 municipios, Lugo é a provincia que menos casos ten, con 20 termos municipais libres da Covid-19.
Trátase dos seguintes municipios: Barreiros, Trabada, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sober, O Valadouro e O Vicedo. Le a información completa nesta ligazón do Lugo Xornal.
