InicioEconomíaO BNG cre que os PGE "marxinan" á comarca por desatender a...

O BNG cre que os PGE “marxinan” á comarca por desatender a A-74 ou a intervención de Alcoa

A formación frontista xustifica o seu non aos orzamentos para 2021 e critica ao bipartito do Goberno central por facer "oídos xordos" ás "demandas da sociedade da comarca"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña xustificou este sábado cun comunicado de prensa o voto negativo da formación nacionalista aos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, que “discriminan negativamente a Galiza e á comarca”.

O partido frontista expón que A Mariña “presenta un importante déficit en materia de infraestruturas desde hai varias décadas, un feito constatado e denunciado en moitas ocasións pola sociedade mariñá e polo BNG”, ao que nestes orzamentos non se dá resposta.

“Os sectores económicos e produtivos da comarca sufren día a día as consecuencias do abandono a que os diferentes gobernos do Estado someteron e someten a esta comarca. E unha vez mais, agora o goberno de PSOE e Podemos, volven marxinar A Mariña, facendo oídos xordos non só as demandadas do BNG, senón ás demandas da sociedade mariñá”, salienta a coordinadora comarcal da formación frontista e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida.

Ermida incide na “necesidade urxente do inicio da A-74“, pola que se leva esperando mais de dúas décadas, que conta cun orzamento para a súa execución de mais de 240 millóns de euros, pero para a que “só se destina a cantidade testemuñal” de 400.000 euros nos orzamentos do 2021.

A Mariña non pode ser ninguneada unha vez mais nos orzamentos do Estado, e temos destacados exemplos de ninguneo  no caso da  A-74, e máis na negativa a incluíren ningunha partida para a intervención pública de Alcoa“.

Neste sentido, recalcou que “hai tan só unhas semanas que o BNG presentara no Congreso unha iniciativa para a intervención pública de Alcoa sendo apoiada polos partidos que ostentan o Goberno do Estado, PSOE e UP, e tamén polo PP, que ostenta a presidencia da Xunta. Pero agora o Executivo desenténdese deste grave problema que podería supoñer un desastre industrial para A Mariña e para Galicia”, conclúe Ermida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...