IniciosociedadeCervo confirma dez positivos novos en 14 días, por 16 de Foz...

Cervo confirma dez positivos novos en 14 días, por 16 de Foz e 13 de Burela

Son os tres municipios da comarca que pasan dos dez casos confirmados nas últimas dúas semanas; o Hospital da Mariña atende dous pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixou dos 800, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas): son 788, 41 menos ca onte. Nas últimas 24 horas localizáronse 29 positivos novos por PCR.

Se os casos activos seguen en descenso, desde a anterior actualización aumentou en cinco o número de ingresados, 32. O Hospital da Mariña atende dous pacientes con Covid-19, un máis ca onte; o HULA coida de 27 doentes infectados, entre eles o único da área sanitaria lucense que require de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte ten tres positivos.

No histórico da provincia documéntanse 132 falecementos, 5.534 altas e 6.455 casos acumulados. Fixéronse 106.669 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 463 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica, tres concellos da Mariña teñen dez ou máis positivos novos confirmados nos últimos 14 días: Foz (16), Burela (13) e Cervo (10). Ourol, O Vicedo, O Valadouro, Trabada e Barreiros seguen libres de Covid-19, mentres que os restantes municipios da comarca teñen entre un e nove casos detectados no prazo dunha semana.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, o xeriátrico de Cervo quedou sen maiores contaxiados, como publicou o pasado sábado o Xornal da Mariña.

MAIORES

17 Residencia San Salvador (Guntín)

61 Residencia Asilo Vilalba

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Chantada

3 Residencia San Cibrao (Cervo)

7 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Orpea Lugo
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

19 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...