IniciosociedadeBurela estrea nova web municipal, que convida a redescubrir a vila

Burela estrea nova web municipal, que convida a redescubrir a vila

A nova plataforma dará a coñecer aspectos singulares da localidade da man da museóloga Aurelia Balseiro e da cronista oficial, Herminia Pernas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou a través dun comunicado de prensa o lanzamento dunha nova web, “máis accesible e que mellora a experiencia do usuario”. O alcalde, o socialista Alfredo Llano, e o seu equipo de goberno, presentan a nova casa dixital do municipio á cidadanía “agardando que lles sexa de utilidade e que permita coñecer cada un dos servizos que ofrece o Concello”, expón o rexedor.

Llano explica que “a nova páxina web municipal é moito máis accesible, máis transparente e cunha interface moderna, que permitirá ao usuario navegar de maneira rápida e fácil. Presenta catro grandes áreas de contidos: servizos do municipio, axenda e actualidade, interacción entre o Concello e a cidadanía e un apartado chamado ‘Coñece Burela‘ no que iremos traballando e ampliando información en varios ciclos de traballo”.

Desde o equipo de goberno burelao agradecen “a colaboración altruísta de Aurelia Balseiro, museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo, e Herminia Pernas, profesora e escritora e cronista oficial do noso Concello. Coa súa axuda imos ir desenrolando este apartado, o de Coñece Burela, no que poderemos redescubrir a nosa vila e coñecela máis polo miúdo”, expón o executivo local.

O equipo de goberno agarda que “a nova web lles guste aos nosos veciños e veciñas e que lles sexa de utilidade tanto aos que viven no noso pobo como aos visitantes que nos queiran coñecer”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...