IniciosociedadeAumenta a presión asistencial por Covid-19 no Hospital da Mariña, con catro...

Aumenta a presión asistencial por Covid-19 no Hospital da Mariña, con catro ingresados

Mondoñedo súmase a O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Lourenzá, Trabada e Barreiros, os concellos da comarca libres de coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixou de 600 positivos -son 591, 15 menos ca onte-, cando hai unha semana bordeaba os 900 (885). Así o confirma o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 16 positivos novos por PCR.

Das 591 persoas contaxiadas, 31 permanecen ingresadas -unha máis ca na anterior actualización-. O Hospital Público da Mariña atende catro pacientes con Covid-19, dous máis ca onte, por 23 o HULA, entre eles os catro da área sanitaria que requiren de coidados intensivos, e catro o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 137 falecementos, 5.823 altas e 6.552 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 109.134 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 866 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, a situación é similar á do reconto ofrecido o pasado mércores. A O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Lourenzá, Trabada e Barreiros, libres de Covid-19, súmase Mondoñedo, mentres que os restantes concellos da Mariña teñen entre un e nove positivos confirmados nas dúas últimas semanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...