Baixan a 14 os positivos nos centros educativos, pero confírmanse catro novos casos en Alfoz e Viveiro

Déronse sete altas en escolas infantís, colexios ou institutos de Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo

IES Alfoz-Valadouro. GOOGLE MAPS

O número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Mariña baixou de 17 a 14 desde a última actualización, o pasado sábado. Localizáronse catro novos contaxios, en centros de Alfoz e Viveiro, e déronse sete altas en escolas infantís, colexios ou institutos de Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo. Podes consultar nesta listaxe todos os positivos comunicados este xoves, 10 de decembro:

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

ALFOZ CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro 1 0 0 (novo)
ALFOZ IES Alfoz – Valadouro 1 0 0 (novo)

BURELA IES Perdouro (unha alta)

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0

FOZ CEIP O Cantel 2 0 0 (unha alta)
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 2 0 0 (unha alta)
FOZ IES de Foz 1 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 0 0 0 (unha alta)

MONDOÑEDO CEIP Álvaro Cunqueiro Mora (unha alta)

RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0 (unha alta)
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 2 0 0 (unha alta)
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0 (casos novos)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here