IniciosociedadeO Hospital da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19; Burela suma dez...

O Hospital da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19; Burela suma dez positivos nos últimos 14 días

O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Lourenzá, Trabada, Mondoñedo e Barreiros seguen sen positivos, e os restantes concellos da comarca contan entre un e nove contaxios en dúas semanas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 571, 20 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 25 positivos novos por PCR.

Das 571 persoas contaxiadas, 27 permanecen ingresadas (catro menos). O Hospital da Mariña atende cinco pacientes con Covid-19, un máis; o HULA, 18, entre eles os catro da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte coida doutros catro doentes positivos.

No histórico da provincia documéntanse 139 falecementos, -os máis recentes os dunha muller de 93 anos e un home de 69, usuario do asilo de Vilalba, ambos no HULA-; 5.866 altas e 6.577 casos acumulados. Fixéronse 110.098 PCR, o que implica que na última xornada efectuáronse 964 probas.

Respecto da situación epidemiolóxica, Burela sitúase con dez positivos confirmados nos últimos 14 días, sendo o único concello da Mariña que supera os dobres díxitos no tocante a positivos localizados nas últimas dúas semanas. O VicedoOurolO ValadouroLourenzáTrabada, MondoñedoBarreiros seguen libres de Covid-19, cos restantes municipios con entre un e nove contaxios detectados nese mesmo prazo.

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

ALFOZ CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro 1 0 0
ALFOZ IES Alfoz – Valadouro 1 0 0

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0

FOZ CEIP O Cantel 1 0 0 (unha alta)
FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 2 0 0
FOZ IES de Foz 1 0 0

RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 2 0 0
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0

(unha alta no CIFP Porta da Auga)

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0

RESIDENCIAS

MAIORES

10 Residencia San Salvador (Guntín)

32 Residencia Asilo Vilalba

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Chantada

2 Residencia San Cibrao (Cervo)

4 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Orpea Lugo
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

29 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...