IniciosociedadeO vento alcanza os 116 km/h en Viveiro nunha xornada con alerta...

O vento alcanza os 116 km/h en Viveiro nunha xornada con alerta laranxa na Mariña por ondada

Desde a última hora da tarde agárdase mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros, especialmente fortes nas primeiras horas do día 12

Publicada o

- Advertisement -

Os ventos sobrepasaron os 100 quilómetros por hora -co segundo refacho máximo da xornada localizado en Viveiro– no litoral de Lugo, que permanece en aviso amarelo desde primeira hora deste venres por un temporal costeiro que tamén afecta á provincia da Coruña, onde se esperan fortes ondadas pola tarde. Na Mariña Lucense, activarase a alerta laranxa por ondada a partir das 20.00 horas, ata alomenos a tarde do sábado.

Así, os medidores de Meteogalicia captaron un refacho de vento de 116 quilómetros por hora en Penedo do Galo, en Viveiro, mentres que en CedeiraPunta Candieira– rozáronse os 100 quilómetros hora minutos antes das 07.50 horas.

Con todo, o refacho máis forte da mañá foi rexistrada ás 08.50 horas no XistralMuras-, onde se alcanzaron os 119,1 quilómetros por hora.

Así as cousas, a Mariña luguesa, así como a montaña de Lugo e Ourense, continuará todo o venres en aviso amarelo por fortes ventos con refachos de máis de 80 quilómetros hora. Na costa luguesa, ademais, soprarán ventos de forza sete a partir do mediodía.

Ademais, a costa da Coruña verá elevado o aviso amarelo que ten esta mañá coa entrada da tarde, cando ondas de entre 5 e 7 metros manterá o litoral coruñés en alerta laranxa. Na mesma situación estará A Mariña, onde se espera mar combinado do noroeste con ondas de ata sete metros, especialmente fortes nas primeiras horas do día 12.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...