IniciosociedadeO Centro Comercial Histórico de Viveiro sorteará 3.000 euros na Campaña de...

O Centro Comercial Histórico de Viveiro sorteará 3.000 euros na Campaña de Nadal

A decoración das rúas, con fío musical, e os premios por consumir nas tendas do casco son os atractivos do programa, baixo o nome 'O agasallo máis grande, mercar no comercio local'

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro sábado, 12 de decembro, comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). Baixo o lema ‘O agasallo máis grande, mercar no comercio local‘, a asociación de empresario do casco aposta de novo pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis espectacular posible. Haberá ambientación musical, concursos e 3.000 euros en premios.

Para ambientar as rúas colocáronse abetos naturais nas entradas dos comercios, que cada un adornará botando man da imaxinación. Árbores que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque. A atmosfera de Nadal tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.

O SORTEO SERÁ VIRTUAL

Para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano confían e apostan polo comercio local para facer as súas compras, sortearanse 3.000 euros en premios. Os días 17, 18 e 19 de decembro porase en xogo a “Ruleta do Nadal”, que este ano será de xeito virtual. Poderán acceder aos premios aqueles que merquen por valor mínimo de 20 euros nos negocios asociados ao CCHV; entregarase un tique cun código QR. Os premios van desde cestas, xamóns, packs doces, bonos para sesións de beleza e benestar, entradas dobres para o cine e vales de compra por valor de 20 euros.

Dende o día 21 ata o 24, en colaboración co Concello de Viveiro, instalarase na entrada do Teatro Pastor DíazO buzón de Papá Noel” onde estará un elfo que recollerá as cartas dos nenos e nenas. Os pais e nais poderán empregar a app web www.ospasosdoelfo.com para facer unha gymcana con xogos en familia que os irán conducindo polo municipio.

O CCHV tamén formará parte da campaña “Este Nadal o comercio da provincia de Lugo máis preto de ti” da man da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio provincial, onde se porán en xogo 10.000 euros en tarxetas regalo. Os participantes deberán sacar unha foto ao tique de compra e subila á web www.lugonadal.com. Con cada tique, válidos dende o 6 de decembro ó 6 de xaneiro, hai unha posibilidade de gañar algunha das 20 tarxetas prepago de 300 euros e 200 euros.

O COMERCIO ABRIRÁ OS DOMINGOS 20 DE DECEMBRO E 3 DE XANEIRO

Neste mes de decembro os negocios abrirán as súas portas en algúns días festivos para que os clientes poidan realizar as súas compras no comercio local sen ter necesidade de desprazarse. As aperturas serán os domingos 20 de decembro e 3 de xaneiro.

“Este ano queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartirán entre os negocios asociados, 10.000 bolsas de papel, pegatinas e lazo personalizado do CCHV, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia”, conclúe o colectivo de comerciantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...