IniciosociedadeA Deputación destina 25.000 euros á Mancomunidade para impulsar o turismo da...

A Deputación destina 25.000 euros á Mancomunidade para impulsar o turismo da Mariña

O ente supramunicipal ten previsto reforzar a súa presenza nas redes sociais e nos medios de comunicación, así como promocionar as Rutas de Artesanía ou as audioguías

Publicada o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración de 25.000 euros para continuar desenvolvendo proxectos para fomentar o turismo na Mariña Lucense.

Tomé subliña que este convenio ten como obxectivo “darlle continuidade e impulso a un proxecto de unidade e de busca de sinerxías para impulsar o desenvolvemento económico e social da comarca da Mariña”. Así mesmo, asegura que dende a Deputación de Lugo “seguiremos colaborando coa Mancomunidade, neste caso en materia turística, unhas das actividades que sufre un maior impacto pola pandemia e estratéxica na comarca”.

O mandatario provincial tamén incide en que “as iniciativas que se desenvolven baixo o paraugas deste convenio teñen que servir para lograr a desestacionalización do turismo, conseguir a diferenciación con respecto a outras zonas e ser a chave que axude a que os visitantes queden a durmir varios días na Mariña”. Tomé salienta que “esta comarca é moi diversa e ofrece múltiples opcións para a persoa que nos visita, por iso debemos aproveitar que non é unha comarca masificada para facerlle saber ao mundo que somos unha opción de primeira para os novos tempos que vivimos”, afirmou.

TURISMO SLOW

A través deste convenio, a Mancomunidade ten previsto reforzar a súa presenza nas redes sociais e nos medios de comunicación e promocionar e difundir as iniciativas que ten en funcionamento, como é o caso das Rutas de Artesanía ou das visitas con audioguías nos concellos. Ademais, a agrupación ten previsto continuar creando novas experiencias que fomenten o denominado turismo slow, polo que vén apostando o colectivo de municipios nos últimos anos.

O obxectivo é axudar na reactivación urxente do sector e continuar coa axeitada promoción do xeodestino apostando pola diversificación, en base a un turismo sostible, e por segmentos clave, como son o turismo de natureza, turismo cultural e o turismo gastronómico, pois son o tipo de actividades que motivan principalmente a visita á Mariña.

A agrupación de municipios aspira a consolidar e crear produtos en base aos recursos propios, que poñan en valor a súa realidade e permitan posicionarse cunha imaxe facilmente comprensible en torno a aspectos singulares do territorio, como é a hospitalidade, a calidade de vida, a riqueza natural, gastronómica e cultural e o deporte, baseándose na filosofía slow e brindando, tanto ao turista fidelizado coma ao potencial, a posibilidade de viaxar e desfrutar do territorio sen présa, con opcións para afondar no propio e auténtico do xeodestino.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...