IniciosociedadeNove dos 16 concellos da Mariña están libres de Covid-19

Nove dos 16 concellos da Mariña están libres de Covid-19

A Pontenova e Riotorto súmanse a O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Lourenzá, Trabada, Mondoñedo e Barreiros, sen casos novos nos últimos 14 días

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 545, 26 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 18 positivos novos por PCR.

Dos 545 contaxiados, 29 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende catro pacientes con Covid-19, por 21 o HULA -entre eles os catro da área sanitaria lucense que requiren coidados intensivos– e catro o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 139 defuncións, 5.911 altas e 6.596 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 111.111 PCR, o que implica que desde a anterior actualización de datos efectuáronse 1.013 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipio, A Pontenova e Riotorto súmanse a O VicedoOurolO ValadouroLourenzáTrabadaMondoñedo e Barreiros, libres de Covid-19. Ademais, Burela baixa dos dez positivos confirmados nas últimas dúas semanas, polo que xa non hai concellos da Mariña con dobres díxitos no tocante aos contaxios confirmados en 14 días. Na provincia hai 27 municipios sen veciños infectados.

RESIDENCIAS

MAIORES

10 Residencia San Salvador (Guntín) 

32 Residencia Asilo Vilalba 

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Chantada 

2 Residencia San Cibrao (Cervo) 

3 Residencia San Salvador (Guntín) 

1 Residencia A Veiga (Láncara) 

1 Residencia Orpea Lugo 
1 Residencia San Rafael (Mondoñedo) 

29 Residencia Asilo de Vilalba 

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

ALFOZ CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro 1 0 0
ALFOZ IES Alfoz – Valadouro 1 0 0

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0

FOZ CEIP O Cantel 1 0 0 (novo)
FOZ IES de Foz 1 0 0

(dúas altas no CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar de Foz)

RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 2 0 0
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...