IniciosociedadeO BNG anuncia unha campaña para consumir no comercio da Mariña neste...

O BNG anuncia unha campaña para consumir no comercio da Mariña neste Nadal

Vídeos, medidas de apoio nas institucións e reunións co sector forman parte das iniciativas expostas pola formación nacionalista

Publicada o

- Advertisement -

O BNG anunciou nunha rolda de prensa a posta en marcha unha campaña “en defensa do comercio de proximidade e dos produtos galegos”, que se desenvolverá durante o Nadal. “O contexto da pandemia Covid-19 que estamos a padecer está a agravar a situación crítica que xa viña aturando o sector e especialmente na comarca da Mariña, donde a situación que se está a vivir ameaza a viabilidade de numerosos establecementos e de moitos postos de traballo”, remarca a formación nacionalista.

Así o expuxo a responsable comarcal do BNG e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, quen manifestou que “é o momento, nestas datas, dun consumo consciente, agora máis que nunca”.

Ermida explicou as actividades que van desenvolver desde este sábado, e que serán entre outras, visitas aos establecementos para informar da campaña e contactar con comerciantes e hostaleiros recollendo as súas demandas, e tamén para colocar cartaces de apoio á campaña co lema “Aquí consumes mellor, consumes local. Demandaranse tamén medidas de apoio nas diferentes institucións no ámbito das súas competencias e posibilidades, e divulgaranse vídeos de apoio dos concelleiros do Bloque nas redes sociais.

A responsable comarcal tamén agradeceu a boa recepción que esta inicitativa do BNG tivo nos diferentes colectivos de comerciantes e hostaleiros, coma por exemplo a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), cuxo presidente tamén acudíu á presentación.

O MAR DEBE SER “PASADO, PRESENTE E FUTURO” DE BURELA

Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG en Burela, Mario Pillado, destacou que a presentación da campaña fíxose na vila “porque neste momento tan delicado para o noso sector comercial e para a nosa hostelería, tralo rebrote de xullo que tivo o noso concello confinado e despois deste último mes de novembro onde estivemos cun peche perimetral e da hostelería, queremos trasladarle á veciñanza do municipio e da Mariña que é o momento do pequeno comercio, dos productos galegos como os que chegan do noso porto e que na nosa hostelería preparan da mellor maneira. O comercio e os produtos do noso mar foron pasado, son presente e teñen que ser futuro da nosa vila e da nosa comarca”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...