O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo cae este domingo por debaixo dos 500; son 498 -47 menos ca onte-, cando o pasado 29 de novembro o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba 967. A incidencia de Covid-19 reduciuse así na área lucense a case a metade nun prazo de 15 días. Nas últimas 24 horas confirmáronse por PCR un total de 24 contaxios novos.
Das 498 persoas infectadas, 26 permanecen ingresadas (tres menos). O Hospital da Mariña atende catro pacientes con Covid-19, un menos ca o centro hospitalario de Monforte, mentres que o HULA coida de 17 doentes contaxiados, entre eles os catro da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos.
No histórico da provincia documéntanse 139 defuncións, 5.981 altas e 6.619 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 112.035 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 924 probas.
Burela é o único municipio da comarca que supera os dez positivos confirmados nos últimos 14 días, con once; Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Ribadeo e Alfoz contan entre un e nove contaxios nas últimas dúas semanas; A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Lourenzá, Trabada, Mondoñedo e Barreiros seguen libres de Covid-19.
RESIDENCIAS
MAIORES
10 Residencia San Salvador (Guntín)
32 Residencia Asilo Vilalba
TRABALLADORES
1 Residencia DomusVi Chantada
2 Residencia San Cibrao (Cervo)
3 Residencia San Salvador (Guntín)
1 Residencia A Veiga (Láncara)
1 Residencia Orpea Lugo