O Ceip de Cervo exerceu como anfitrión de estudantes de seis países -Lituania, Polonia, Portugal, Grecia, Turquía e Romanía- no segundo intercambio dentro do programa Erasmus + KA219 ‘Creating, Communicating, Our Diversity We Are Celebrating’.
Ao longo da semana que os escolares pasaron en Cervo, o colexio público cervense, en colaboración co Concello e a Anpa, preparou varias actividades educativas, culturais e de ocio para que a experiencia fose para todos o máis enriquecedora posible.
TEATRO
Así, os estudantes poideron desfrutar dunha obra de teatro de Shakespeare recreada polo alumnado do colexio, e doutra representación, neste caso de ‘Tarzan‘, a cargo da compañía Face2Face.
MÚSICA
Tamén gozaron de actuacións musicais, do grupo Pesdelán e das cantareiras de Ledicia e Airiños do Xunco, e dunha masterclass de teatro coa actriz Estibaliz Veiga.
VIDEO 📹 Welcoming Culture Event by Pesdelan 😍👞 SHORT EXCHANGE OF STUDENTS IN CERVO 💙 @EUErasmusPlus 🇹🇷 🇵🇱 🇷🇴 🇱🇹 🇬🇷 🇵🇹 #ErasmusPlus #erasmusprojects @Erasmus_Project @sepiegob #colexiodecervo #pesdelan #shortexchangeofstudents #bescolaresgal @bescolaresgal pic.twitter.com/RbgJSlUM5f
— CEIP DE CERVO (@CEIP_de_CERVO) 22 de outubro de 2018
DEPORTE
O colexio tamén programou actividades deportivas, como obradoiros de surf e kayak, xogos tradicionais e un magosto.
VIDEO 📹 Surf 🏄🏽♀️🏄🏾♂️ and Kayak activity in Foz ☀️🌊 SHORT EXCHANGE OF STUDENTS IN CERVO 💙 @EUErasmusPlus 🇹🇷 🇵🇱 🇷🇴 🇱🇹 🇬🇷 🇵🇹 #ErasmusPlus #erasmusprojects @Erasmus_Project @sepiegob #colexiodecervo #surf #educaciónfísica @bescolaresgal #Foz pic.twitter.com/inQebRLyKu
— CEIP DE CERVO (@CEIP_de_CERVO) 25 de outubro de 2018
VISITAS
Ademais, o centro organizou visitas a lugares como Viveiro, a cerámica de Sargadelos ou Santiago de Compostela, onde os participantes coñeceron o casco histórico e a catedral ou os segredos das funcións teatrais da man do Centro Dramático Galego.
VIDEO 📹 STORM ⚡️🌪🌩Guided visit to Centro Dramático Galego in Santiago de Compostela 🎭 SHORT EXCHANGE OF STUDENTS IN CERVO 💙 @EUErasmusPlus 🇹🇷 🇵🇱 🇷🇴 🇱🇹 🇬🇷 🇵🇹 #ErasmusPlus #erasmusprojects @PazodeRaxoi @Erasmus_Project @sepiegob #centrodramáticogalego @bescolaresgal pic.twitter.com/kNasQWiPBd
— CEIP DE CERVO (@CEIP_de_CERVO) 24 de outubro de 2018
ESCRITURA CREATIVA
Ademais, os sete centros participantes elaboraron en conxunto unha canción propia.
O proxecto ten como obxectivo, coñecer a través da escritura creativa, a cultura de cada país e facer fincapé nos vínculos que unen ás distintas nacións europeas
No pasado mes de maio, dúas alumnas e dúas profesoras cervenses participaron do primeiro capítulo do intercambio, en Grecia.