IniciosociedadeEstabilidade na Mariña, con oito de 16 concellos libres de Covid-19 e...

Estabilidade na Mariña, con oito de 16 concellos libres de Covid-19 e catro ingresados no Hospital

Na última xornada localizáronse na provincia 18 novos casos de coronavirus, trala realización de 960 probas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 486, doce menos ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Na última xornada confirmáronse na área sanitaria lucense 18 positivos novos por PCR.

Dos 486 contaxiados, 27 permanecen ingresados, un máis ca onte. O Hospital da Mariña atende catro pacientes con Covid-19, por 18 o HULA -entre eles os seis da área sanitaria lucense que requiren coidados intensivos– e cinco o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 139 falecementos, 6.013 altas e 6.639 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 113.015 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 980 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Burela mantense con 11 positivos confirmados nos últimos 14 días, sendo o único concello da Mariña que conta unha cifra de dobres díxitos neste período. RiotortoO VicedoOurolO ValadouroLourenzáTrabadaMondoñedo e Barreiros seguen libres de Covid-19.

Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...