O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 462, oito menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas documentáronse 34 positivos novos por PCR.
Dos 462 contaxiados, 24 permanecen ingresados, dous menos ca na anterior actualización. O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, por 17 o HULA -entre eles os seis da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e catro o centro hospitalario de Monforte.
No histórico da provincia documéntanse 140 falecementos, 6.082 altas e 6.685 casos acumulados. Fixéronse 114.614 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 804 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, preocupa Viveiro, onde se documentan segundo o reconto 20 positivos confirmados nos últimos 14 días, cando o pasado día 14 había no concello oito casos activos, segundo confirmaba o propio goberno municipal, que incidiu con todo “na importancia de non baixar a garda e cumprir estritamente todas as medidas establecidas, co fin de evitar a propagación do virus”.
Burela é o outro municipio da Mariña por riba de dez casos, 13, localizados nas últimas dúas semanas. Ourol, O Vicedo, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Riotorto están libres de Covid-19 e os restantes concellos teñen entre un e nove positivos detectados nese mesmo prazo, segundo a mesma fonte.
CENTROS EDUCATIVOS
CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)
VIVEIRO E.I Municipal Garabatos 1 1 0
ALFOZ CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro 1 0 0
ALFOZ IES Alfoz – Valadouro 1 0 0
BURELA CEIP Plurilingüe Virxe do Carme 1 0 0
CERVO CEIP de Cervo 1 0 0
FOZ IES de Foz 1 0 0
RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús 1 0 0 (unha alta)
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 1 0 0 (novo)
RESIDENCIAS
MAIORES
10 Residencia San Salvador (Guntín)
15 Residencia Asilo Vilalba
6 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria
TRABALLADORES
2 Residencia San Cibrao (Cervo)
3 Residencia San Salvador (Guntín)
1 Residencia Orpea Lugo
27 Residencia Asilo de Vilalba
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)
1 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria