IniciosociedadeBarreiros destinará 3.000 euros a fomentar o consumo no comercio e hostalería...

Barreiros destinará 3.000 euros a fomentar o consumo no comercio e hostalería cunha carreira virtual

O Concello converterá os 6.000 quilómetros previstos a cubrir de forma colectiva na proba en cheques regalo (0,5 euros/km) entre as persoas participantes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de presentar un evento deportivo virtual que se desenvolverá entre o 21 e o 31 de decembro, no que haberá unha vertente solidaria e outra de dinamización do comercio e hostalería locais.

Para esta fin, o Concello destina 3.000 euros de fondos propios para converter os 6.000 quilómetros en cheques regalo por ese valor (0,50 euros por quilómetro) entre as persoas que participen na proba, que posteriormente terán que ser utilizados nos comercios locais que colaboren co proxecto.

“Cantos máis quilómetros se aporten individualmente nas distintas categorías máis oportunidades se terán de conseguir algún destes cheque regalo”, explica o concelleiro Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal.

A proba consistirá no reto colectivo de sumar 6000 quilómetros camiñando, correndo ou en bicicleta e para participar nela estará aberta a inscrición entre o 17 e o 27 de decembro en https://maiskmsbarreiros.com ou na app oficial, onde tamén se poden consultar as bases da mesma.

No caso dos establecementos que queiran tomar parte como beneficiarios no uso dos cheques regalo, deberán poñerse en contacto co Concello a través do número de teléfono 680.913.904 de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas ou a través do correo electrónico tecnicadeportiva@concellodebarreiros.gal, antes do 27 de decembro.

ACHEGA SOLIDARIA COA INSCRICIÓN

A recadación total das inscricións así como as achegas económicas extra que cadaquén faga de forma voluntaria destinaranse exclusivamente ao fondo de emerxencia social do Concello de Barreiros (alimentación, roupeiro ou material escolar).

Segundo García, “é unha proba na que, tanto individual como colectivamente, as persoas que participan, á vez que realizan un esforzo físico saudable, súmanse ao apoio económico e dinamizador que o Concello fai a estes sectores tan perxudicados pola Covid-19”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...