IniciosociedadeEstabilidade en Viveiro, con 25 positivos novos nos últimos 14 días

Estabilidade en Viveiro, con 25 positivos novos nos últimos 14 días

Burela, o outro municipio da Mariña con dez ou máis casos nas últimas dúas semanas, mantense en 14; o Hospital da Costa atende tres pacientes con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos acitivos de coronavirus na provincia de Lugo baixan a 401, 32 menos ca onte. Segundo a información ofrecida este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), nas últimas 24 horas tan só se confirmaron sete novos positivos a través de PCR.

Dos 401 contaxiados, 23 permanecen ingresados. O HULA atende 18 pacientes con Covid-19, entre eles os seis da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos; o Hospital Público da Mariña coida tres doentes positivos, e o centro hospitalario de Monforte dous.

No histórico da provincia documéntanse 143 falecementos, o máis recente o dunha usuaria da residencia de Vilalba, 6.177 altas e 6.721 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 116.220 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 616 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica, Viveiro suma 25 positivos novos nos últimos 14 días -un máis ca onte-, por 14 de Burela. O resto dos concellos da Mariña baixan de dez casos confirmados nas últimas dúas semanas, con O VicedoOurolO ValadouroMondoñedoLourenzá e Riotorto libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

4 Residencia San Salvador (Guntín)

2 Residencia Asilo Vilalba

6 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria

TRABALLADORES

2 Residencia San Cibrao (Cervo)

3 Residencia San Salvador (Guntín)

13 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

1 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

VIVEIRO E.I Municipal Garabatos 1 1 0

ALFOZ CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro 1 0 0
ALFOZ IES Alfoz – Valadouro 1 0 0

BURELA CEIP Plurilingüe Virxe do Carme 1 0 0

CERVO CEIP de Cervo 1 0 0

FOZ IES de Foz 1 0 0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0

(altas no Ceip Sagrado Corazón e no IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo)

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 1 0

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...