IniciosociedadeViveiro pon en marcha unha campaña de compostaxe para a veciñanza e...

Viveiro pon en marcha unha campaña de compostaxe para a veciñanza e os centros educativos

O obxectivo é que os residuos orgánicos non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou o pasado venres unha innovadora campaña de compostaxe doméstica dirixida á veciñanza e os centros educativos. O proxecto, que forma parte da iniciativa #ViveiroSustentable, levará composteiros ás casas da cidade e formará ás familias interesadas. Apuntarse ao programa é gratuíto e tamén chegará a catro centros educativos.

O Concello está remitindo cartas á veciñanza para animala a inscribirse no proxecto de compostaxe doméstica, implicándoa así na loita contra o cambio climático. Este proxecto axuda a acadar o compromiso adquirido polo goberno de Viveiro de redución de CO2 no seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, aprobado o mes pasado polo Pleno municipal.

O Concello de Viveiro pretende con esta aposta pola compostaxe que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares. Así mesmo, traballarase con catro centros educativos que dispoñan de comedor e horto ou zona verde.

A iniciativa, con financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e prolongarase 11 meses. Durante ese tempo mestres composteiros visitaran as familias para facer un seguimento dos composteiros e dar unha formación continua a cidadanía.

Para participar de forma gratuíta no programa é necesario completar un formulario ou enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com. Unha vez inscritas, as familias serán convocadas a xornadas de formación neste mes de decembro e recibirán nas súas casas un composteiro antes da visita do mestre composteiro. O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño do concello e ter un pequeno xardín ou terreo.

O 42% DOS 462 QUILOS DE LIXO QUE XERA DE MEDIA UN VIVEIRENSE SON MATERIA ORGÁNICA

“O noso modo de vida ten como consecuencia a xeración de moitos residuos e un dos retos importantes aos que se enfronta a nosa sociedade é levar a cabo unha xestión dos mesmos respectuosa e sostible co medio ambiente; temos que implicarnos todos e todas na xestión do lixo, facéndoa máis responsable na correcta recollida selectiva e na redución na xeración de residuos”, asegurou na rolda de prensa a alcaldesa, a socialista María Loureiro.

“A compostaxe é a alternativa de tratamento máis sostible ambientalmente da fración orgánica do lixo que, no Concello de Viveiro, supón o 42% dos 462 quilogramos que xera de media ao ano un cidadán do noso concello”, engadiu a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...