O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 371, 33 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 26 positivos novos por PCR.
Das 371 persoas contaxiadas, 19 permanecen ingresadas (sen variacións). O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, por 17 o HULA -entre eles os seis da área sanitaria lucense que require de coidados intensivos- e un o centro hospitalario de Monforte.
No histórico da provincia documéntanse 141 falecementos, 6.267 altas e 6.781 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 117.917 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 919 probas.
No tocante á situación epidemiolóxica por concellos, Viveiro segue acumulando positivos e conta 41 casos novos nos últimos 14 días, cando o pasado luns documentaba oito en total. Burela, con 14 infeccións, e Xove, con once, son os outros dous municipios na Mariña por riba dos dez contaxios nas últimas dúas semanas. O Vicedo, Ourol, Mondoñedo, Lourenzá e Riotorto están libres de Covid-19.
Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.