(VÍDEO) Papá e Mamá Noel preparan o percorrido pola Mariña desde o Monte San Roque

O vídeo, ideado e dirixido pola concelleira de cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, foi gravado en colaboración con BL Eventos

Captura do vídeo. CONCELLO DE VIVEIRO

A concellaría de Cultura do Concello de Viveiro publicou este luns un vídeo no que amosa “o encontro mantido con Papá e Mamá Noel no Monte San Roque a pasada semana”.

“A parella, residente en Laponia, visitou a vila para supervisar as actividades de Nadal e gravar un vídeo para todas aquelas crianzas que decidan participar na gincana ‘Tras os pasos do Elfo’ e deixar as súas cartas no buzón situado no Hall do Teatro Pastor Díaz“, concreta o Concello.

O vídeo, ideado e dirixido pola concelleira de cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, foi gravado en colaboración con BL Eventos que se encargou da caracterización das personaxes e a colaboración altruísta de Guillermo Barreiro Suárez, que se encargou da gravación e montaxe da peza audiovisual.

Desde a delegación de cultura remarcan que “este ano, dadas as dificultades para realizar eventos multitudinarios, a delegación de cultura decidiu apostar por accións que puidesen chegar a todos os nenos e nenas de Viveiro a través da Internet para que non perdan a ilusión e seguir fomentando a maxia do Nadal. Con este motivo desenvolvéronse dous proxectos dixitais, ‘Postais Reais’ e ‘Tras os pasos do Elfo’“, conclúen.

BUZÓNS EN FOZ PARA OS REIS MAGOS

Os Reis Magos de Oriente, en colaboración con operarios municipais do Concello de Foz, procederon á colocación de 12 buzóns para facilitar a achega de cartas ás nenas e nenos de todo o municipio.

Buzón en Foz. AXM

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here