“Este Nadal, cada un na súa casa”. Os epidemiólogos lanzan unha mensaxe clara de cara á celebración destas festas que están á volta da esquina. Non xuntarnos con persoas coas que non convivamos será o noso método aliado se queremos recudir o risco de contaxios e evitar a magnitude desa terceira onda que todo fai indicar que xa está repuntando. Con todo, ningunha situación é irremediable e podemos estar a tempo de impedir un descontrol dos contaxios.
“O que vaia pasar no Nadal vai depender moito de cada un de nós, é unha cuestión de responsabilidade individual“, deixa claro Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina da USC.
Ceas e comidas, consumo de alcol, tests… Son algunhas das cuestións abordadas nesta reportaxe do Galicia Confidencial.