IniciosociedadeSete casos máis nos últimos 14 días en Viveiro, para un total...

Sete casos máis nos últimos 14 días en Viveiro, para un total de 51, e outros oito en Xove, que acumula 25

Aumenta a presión asistencial por Covid-19 no Hospital da Mariña, con tres ingresados

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo sobe a 370, 14 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este 24 de decembro polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 34 positivos novos por PCR.

Dos 370 contaxiados, 13 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, por nove o HULA -entre eles os tres da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos– e un o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 144 falecementos, 6.360 altas e 6.876 contaxios acumulados. Fixéronse 120.792 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse 1.206 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, a alza dos positivos confirmados nos últimos 14 días segue en Viveiro, que acumula 51 casos novos nese período (sete máis dos confirmados onte), e Xove, con 25 (por 17 de onte). Burela é o outro concello da Mariña con máis de dez contaxios detectados nas últimas dúas semanas, 17 (un máis). O resto dos termos municipais mariñaos están por debaixo desa barreira, detectándose infeccións novas en Ourol e O Valadouro, que levaban semanas libres de Covid-19. Podes consultar os datos do mapa nesta ligazón.

Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial premendo aquí.

RESIDENCIAS

MAIORES

1 Residencia San Cibrao (Cervo)

1 Residencia San Salvador (Guntín)

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

TRABALLADORES

2 Residencia San Salvador (Guntín)

13 Residencia Asilo de Vilalba
1 Residencia San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

1 Centro Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...