IniciosociedadeMorre unha muller de 70 anos por Covid-19 no Hospital da Mariña

Morre unha muller de 70 anos por Covid-19 no Hospital da Mariña

Houbo seis mortos en Galicia nas últimas 24 horas.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste venres, día de Nadal, outras seis vítimas mortais da covid-19, polo que o total desde o inicio da pandemia elévase a 1.369. Unha delas morreu na Mariña.

En concreto, tres deles faleceron na área hospitalaria de Vigo. Trátase dunha muller de 93 anos e dun home de 80, que procedía da Residencia Cesantes- Redondela, que morreron no Chuvi. Por outra banda, outro home de 80 anos faleceu en Povisa.

Tamén morreron dúas persoas no Chus da Coruña. Trátase dunha muller de 94 anos e dun home de 89 anos. Tamén faleceu unha muller de 70 anos, no Hospital da Mariña. Todos eles tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...