IniciosociedadeA residencia de Trabada está libre de Covid-19 trala alta dun falso...

A residencia de Trabada está libre de Covid-19 trala alta dun falso positivo

Os resultados das probas efectuadas pola Deputación son coincidentes cos das realizadas polo Sergas

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo confirmou esta tarde de luns que os resultados dos cribados masivos realizados tanto a residentes como a traballadores do centro de maiores de Trabada foron todos negativos, de xeito que se confirmou que o caso documentado o pasado 24 de decembro foi un falso contaxio. Deste xeito, o xeriátrico trabadense está libre de Covid-19.

Segundo concreta o goberno provincial, os resultados das probas efectuadas pola Deputación son coincidentes cos realizados pola propia autoridade sanitaria, o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A Deputación de Lugo recibe “con satisfacción” este resultado e argumenta que “os protocolos de seguridade” que aplica nos centros de maiores da súa titularidade “están dando bo resultado”.

Desta maneira, nos xeriátricos da Mariña quedan os seguintes positivos, segundo o reconto diario da Xunta de Galicia:

MAIORES

13 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

3 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

5 Residencia San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (relixiosa)

O reconto do Goberno autonómico inclúe tamén casos na residencia de San Cibrao (Cervo) e de Foz; desde o Concello cervense aclaran que non hai casos activos no xeriátrico e desde o focego confirman que se trata dun falso positivo.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...