A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos iniciará mañá martes, día 29 de decembro, a vacinación fronte a Covid-19 na provincia de Lugo. A vacinación iniciarase na residencia da terceira idade de Burela, a onde se desprazará un equipo de profesionais de enfermaría para, nesta primeira xornada, vacinar a un total de 65 persoas, entre residentes e traballadores.
O xerente da área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico, e a directora da residencia da terceira idade de Burela, Patricia García Sánchez, asistirán ao inicio da xornada de vacinación contra a Covid-19, segundo concretaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).