O touroperador Elige tu Viaje amosa a “descoñecida” versatilidade turística da Mariña

Destaca a comarca como enclave cunha mestura de costa e interior e temperaturas suaves que favorecen a visita "en calquera época do ano"

Fuciño do Porco. WIKIPEDIA

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, froito do traballo de colaboración dentro do programa Leader xunto co operador turístico Elige Tu Viaje, no que se levou a cabo un Fam Trip dirixido a operadores turísticos e directivos de axencias de viaxes procedentes de diferentes mercados potenciais, trata de impulsar a comercialización en destino e poñer a disposición dos diferentes axentes o coñecemento dos recursos do territorio.

Cartel da iniciativa. AXM

Baixo o lema de “El encanto de lo desconocido”, o touroperador promove á Mariña Lucense como “un lugar versátil, inexplorado e sorprendente. Destaca a súa costa e interior acompañado dun clima suave como un destino ao que viaxar con calma a través das vilas históricas, praias paradisíacas e destacados paisaxes”, expón o GDR.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here