IniciosociedadeOs seis casos en estudo da Mariña "son compatibles" coa cepa do...

Os seis casos en estudo da Mariña “son compatibles” coa cepa do Reino Unido

Trátase dunha familia de orixe inglesa, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito

Publicada o

- Advertisement -

O seis casos de Covid-19 en estudo na Mariña lucense son “compatibles” coa cepa británica, segundo fontes sanitarias.

Polo momento, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) só confirmou un caso desta cepa nunha paciente da área sanitaria de Santiago procedente do Reino Unido. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que ratificou que hai outro caso en estudo, ao que se suman os seis detectados na zona da Mariña lucense.

En relación a este último, precisou que se trata dun grupo familiar de cinco persoas de orixe inglesa, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito. Tras realizarlles unha PCR, e dar positivo, estase á espera agora dun diagnóstico definitivo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...