IniciosociedadeXove suma 67 casos novos en 14 días e Viveiro 56; o...

Xove suma 67 casos novos en 14 días e Viveiro 56; o Hospital remata o 2020 con oito ingresados, tres máis

Ribadeo acumula 21 contaxios confirmados nas últimas dúas semanas; Lourenzá e A Pontenova son os únicos municipios da Mariña libres de Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 444, 14 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse outros 45 positivos novos por PCR.

Dos 444 contaxiados, 18 permanecen ingresados, catro máis. O Hospital Público da Mariña remata o ano 2020 atendendo oito pacientes con Covid-19, tres máis ca onte. O HULA coida outros oito positivos, entre eles os dous da área sanitaria que requiren de coidados intensivos, por dous o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 145 falecementos, 6.517 altas e 7.108 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 125.028 probas PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 784 probas.

No tocante á evolución epidemiolóxica por municipios, continúan a preocupar Xove e Viveiro, que permanecen pechados. No concello xovense documéntanse 67 positivos novos nos últimos 14 días (dous máis dos comunicados onte), mentres que no viveirense localizáronse 56 (dous menos ca na anterior actualización).

Ribadeo acumula 21 contaxios nas últimas dúas semanas, tres máis ca onte; en Burela confirmáronse 16 nese mesmo prazo. O resto dos municipios mariñaos contan menos de dez infeccións novas en 14 días, e Lourenzá e A Pontenova son os únicos concellos da comarca que permanecen libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

Este xoves confirmáronse 16 positivos máis na residencia San Bartolomeu de Xove, once de usuarios e cinco de traballadores.

MAIORES

13 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

16 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Relixiosa Residencia Hospital San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

10 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...