IniciosociedadeConfirmados seis casos da cepa británica da Covid-19 na Mariña

Confirmados seis casos da cepa británica da Covid-19 na Mariña

Os contaxiados atópanse no seu domicilio e en "corentena"; hai outros dous infectados en Galicia, en Santiago de Compostela e Vigo

Publicada o

- Advertisement -

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmou oito casos de cepa británica do coronavirus en Galicia, seis deles na Mariña.

O maior número de casos corresponden aos da zona da Mariña lucense, un total de seis, que, atópanse, segundo precisou, no seu domicilio e en “corentena”. “Como calquera outra persoa que tivese un positivo por PCR“, apuntou.

A estes casos, dos que fontes sanitarias xa cualificaran como “compatibles” coa cepa británica, sumououtro en Santiago de Compostela –confirmado hai días polo conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña– e un oitavo “en Vigo”, precisou.

Sobre esta cepa, recalcou que é “unha mutación do virus”. “Pero nada máis, non hai feitos fidedignos que demostren nada máis”, apuntou en relación á posible repercusión do mesmo en canto á capacidade de contaxio ou incidencia na persoa afectada.

En calquera caso, insistiu en que hai que seguir as “mesmas” medidas que levan recomendando desde o inicio da pandemia, dixo citando, entre elas, o uso de máscara e a distancia social.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...