IniciosociedadeAtención temperá, sen logopeda ao non dispor o Concello de Burela dunha...

Atención temperá, sen logopeda ao non dispor o Concello de Burela dunha axuda da Xunta

O goberno local busca "fórmulas" para restituír o servizo tras rematar o contrato do especialista e non contar cos fondos do Goberno autonómico para a súa contratación

Publicada o

- Advertisement -

O servizo de atención temperá do Hospital da Costa de Burela está sen logopeda desde o pasado 30 de outubro, despois de que rematase o contrato do profesional.

A CIG-Saúde, que advertiu desta situación, asegura que “máis de corenta nenos viron interrompida a súa asistencia sanitaria, ao mesmo tempo que crianzas derivadas por profesionais do Sergas con volante á unidade temperá atopáronse sen posibilidade de pedir cita”.

A central explica que “pais e nais puxéronse en contacto coa central para denunciar esta situación” pois, asegura, “temen que, sen a correcta atención, moitos nenos non cheguen a desenvolver o seu máximo potencial”.

a cig-saúde afirma que hai “máis de corenta nenos DESATENDIDOS”

ESPECIALISTA “VITAL”

A CIG-Saúde lembra que o logopeda encárgase, entre outras cuestións, do “tratamento e o diagnóstico dos trastornos de desenvolvemento da linguaxe”. Así, sostén, “a estimulación nestes primeiros anos de vida é fundamental, xa que é nese período cando o cerebro é máis permable”.

O sindicato argumenta que esta situación “condena a moitas familias sen recursos”, xa que o prezo de cada hora de sesión nun especialista privado pode alcanzar os 30 euros. Así, esixe “ás administracións competentes” que restitúan o servizo.

CONTRATACIÓN SUBVENCIONADA

O contrato do logopeda do servizo de atención temperá depende do Concello de Burela, a partir dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.

O alcalde, o socialista Alfredo Llano, asegura que o Concello busca “unha fórmula” para solventar este problema “canto antes” e afirma que “a Xunta é a responsable directa deste profesional”.

O rexedor lamenta que o Goberno autonómico conceda as axudas para contratar aos profesionais “a posteriori e de forma retroactiva”, o que, explica, “nos impediu renovar o contrato do logopeda”.

“SOLUCIÓN INTERINA”

O goberno local destinará este ano “unha partida pequena” para solventar “de forma interina” este déficit e sacará a concurso cos seus propios fondos a praza de logopeda, á espera de que a Xunta conceda a financiación. “Temos que cumprir cunha normativa, pero agardamos solucionalo coa máxima celeridade posible”, conclúe Llano.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...