IniciosociedadeFalece unha usuaria da residencia de Xove, de 87 anos e diagnosticada...

Falece unha usuaria da residencia de Xove, de 87 anos e diagnosticada de Covid-19

Trátase da segunda vítima mortal do abrocho de coronavirus do xeriátrico San Bartolomeu

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunicou a última hora da tarde deste venres a segunda morte provocada polo abrocho de coronavirus na residencia San Bartolomeu de Xove. Trátase dunha muller de 84 anos que tiña patoloxías previas, segundo a mesma fonte.

O pasado 4 de xaneiro faleceu unha usuaria de 87 anos, que fora diagnosticada de Covid-19 e trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU).

O Sergas comunicaba este venres novos contaxios para un total de 24 maiores infectados no xeriátrico xovense, ademais doutro nos apartamentos tutelados San Bartolomeu.

Ademais da residente do xeriátrico xovense, faleceron tamén un home de 95 anos no CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña); unha muller de 89 anos na residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña; un home de 80 anos no CHUF (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol) e unha muller de 93 anos en POVISA (Vigo) en planta. Deste xeito son 1.441 os falecidos en Galicia a causa da pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...