A Deputación dá luz verde ás residencias de Trabada e Ribadeo, que prevé abertas “en xaneiro”

O goberno provincial aproba os convenios cos municipios, polos que investirá 1,6 millóns na cofinanciación de 98 prazas

A alcaldesa de Trabada, Mayra García. AXM

A Deputación de Lugo aprobou na xunta de goberno deste venres os convenios cos gobernos locais de Trabada e Ribadeo para apertura das residencias de maiores.

O ente provincial cofinanciará 98 prazas de residencia -48 en Ribadeo e 30 en Trabada- e centro de día -20 do servizo trabadense- que ofrecen as instalacións.

A Deputación investirá nestes servizos máis de 1,6 millóns de euros: 805.601 para o centro de maiores de Trabada e 841.948 euros para o xeriátrico de Ribadeo.

PREZOS

As prazas custarán un total de 1.390 euros ao mes para dependentes en residencia, 1.080 para non dependentes e 550 por xornada completa no centro de día.

Os usuarios pagarán polas mesmas unha cantidade a calcular en atención aos seus ingresos e patrimonio, de xeito que teñan unha marxe económica para os seus gastos.

os usuarios pagarán unha cantidade a calcular en función dos seus ingresos e patrimonio

Así, a Deputación comprométese a financiar as prazas nun 75% e os gobernos municipais nun 25%. O goberno provincial achegará un máximo de 600 euros ao mes aos usuarios do servizo de residencia, e 200 para os do centro de día.

Se estes fondos non son abondos, a Deputación achegará o restante nos municipios de menos de 5.000 habitantes, e os gobernos locais asumirán o diñeiro que falte nos concellos de máis poboación.

os veciños dos municipios terán preferencia; despois os da bisbarra e logo os lucenses

PRIORIDADE DE ACCESO

Segundo os regulamentos aprobados polas corporacións municipais, os veciños de cada concello terán prioridade de acceso, logo os da bisbarra e seguidamente os lucenses.

RIBADEO, Á ESPERA DO PIA

A deputada de economía, Mayra García Bermúdez, prevé que as residencias de Trabada e Ribadeo “estean listas como moi tarde en xaneiro”.

trabada conta co permisio de inicio de actividade da xunta, obrigatorio; ribadeo non o recibiu aínda

A residencia trabadense conta co Permiso de Inicio de Actividade (PIA) da Xunta de Galicia, necesario para poñer en marcha o servizo. O Concello de Ribadeo está a agarda de que o Goberno galego dea luz verde ao xeriátrico municipal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here