IniciosociedadeCatro equipos sanitarios realizarán 1.512 PCR no cribado masivo de Viveiro

Catro equipos sanitarios realizarán 1.512 PCR no cribado masivo de Viveiro

O Concello pide a aquelas persoas que non están inscritas que non acudan ao pavillón municipal, pois non se poderán someter ás probas

Publicada o

Ante a elevada demanda de persoas interesadas en participar no cribado masivo e voluntario de mañá domingo, a alcadesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo esta mañá unha reunión coa xerencia da área sanitaria.
Na xuntanza concretáronse os seguintes puntos; aos traballadores e traballadoras de colectivos que lle facilitaron un listado de contactos ao Concello de Viveiro, chamaraselles para informar do seu horario; as persoas que se apuntaron de forma individual por teléfono ou correo electrónico, poden acudir ao pavillón municipal a facerse a PCR en horario de 09.30 a 17.00 horas.
O Concello pide que as persoas que non están apuntadas non vaian facerse a proba, xa que non será posible. Un total de 1.512 persoas inscribíronse ata onte ás 13.30 horas e participarán mañá no cribado.
Dende o goberno municipal agradécese a elevada participación, “pois cremos que coa colaboración de todos os veciños e veciñas de Viveiro imos conseguir frear a cadea de contaxios e superar esta situación”. O municipio, pechado perimetralmente, documenta 111 positivos novos nas últimas dúas semanas.
O Concello concretou finalmente que o Sergas desprazará catro equipos para a realización das PCR.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...