IniciosociedadeDous usuarios positivos do Hospital Asilo de Ribadeo faleceron en Santiago

Dous usuarios positivos do Hospital Asilo de Ribadeo faleceron en Santiago

Trátase de persoas de avanzada idade (99 e 91 anos), que se atopaban "nun estado moi fráxil" e foran trasladadas ao Cegadi, segundo concreta o Concello

Publicada o

- Advertisement -

Dous residentes do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo que foron trasladados a Santiago hai días, faleceron nas últimas horas. Trátase de persoas de avanzada idade (99 e 91 anos), que se atopaban nun estado moi fráxil e con patoloxías previas ao coronavirus, segundo vén de informar o alcalde, Fernando Suárez Barcia. O rexedor concretou que tres usuarios máis retornan á vila ribadense despois de superar o Covid-19 e de ter xerado inmunidade contra o virus.

O rexedor sinalou que “dúas das persoas que levaban xa días trasladadas ao Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) faleceron nestas últimas horas. Como estaban nun estado de atención delicado, non se lles chegou a facer as PCR para saber se xa chegaran a superar a doenza do coronavirus. Con todo, é de supoñer que nas estatísticas oficiais aparecerán como falecemento por coronavirus”, precisou.

PARA MÉRCORES ESTÁ PREVISTO UN NOVO CRIBADO

Suárez Barcia subliñou que “por outra banda, e segundo nos indican os responsables do Cegadi, nas vindeiras horas serán trasladadas ao Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro tres persoas máis, unha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de PCR. Igualmente soubemos que, segundo as autoridades sanitarias do Hospital da Costa, prevese que este mércores se faga un novo cribado xeral no Hospital Asilo para comprobar de novo a progresión ou estabilización deste gromo”, afondou.

DOS 19 RESIDENTES TRASLADADOS A COMPOSTELA, SETE SUPERARON XA A ENFERMIDADE

O alcalde dixo que “o resto de persoas usuarias, tanto as que continúan no Cegadi como as que sempre permaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade. En canto ao persoal e á relixiosa, tamén se atopan en proceso de recuperación. Así temos que: os catro traballadores afectados están nos seus domicilios gardando a corentena; en canto aos usuarios, e ao longo deste gromo producido hai días, dos 19 que foron trasladados ao Cegadi, sete deles superaron a doenza e xa foron ou van ser trasladados a Ribadeo polo que o número de persoas que alí seguirá vese reducido a dez; outros tres usuarios diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das autoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu elevado nivel de dependencia previo ao contaxio vírico. Tamén se atopa nesta situación, desde o primeiro día detectado, a relixiosa afectada de Covid-19″, resumiu.

Ademais, “tamén se atopa unha persoa usuaria no Hospital da Mariña, indicándose que cando supere a situación hospitalaria será derivada segundo o seu grao de dependencia ben ao Cegadi ou ben ao Hospital Asilo de Ribadeo”, engadiu o rexedor ribadense.

Suárez Barcia concluíu que se están a cumprir os obxectivos de dar aos pacientes “a mellor atención posible” e de que “o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de persoas que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente, sumando os que non contraeron a Covid-19 e os que viñeron do Cegadi coa doenza superada, ascenden a 29 persoas entre usuarios e persoal”.

TRES MAIORES CONTAXIADOS EN BURELA

MAIORES  

3 Residencia de Maiores de Burela

16 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

25 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Residencia de Burela

1 Residencia de Foz

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada (trátase segundo a Deputación dun falso positivo despois dunha segunda PCR negativa)

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

Retíranse dous traballadores da residencia de maiores de Burela comunicados por erro polo Sergas onte. Os dous contaxiados son dous usuarios que hoxe se inclúen correctamente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...