O sorteo da X Festa do Comercio tivo lugar nas oficinas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) esta mesma mañá, tal e como se anunciou foi emitido a través das redes sociais da asociación. O presidente do colectivo que agrupa aos negocios de Ribadeo, Francisco Iriarte, interveu ao comezo do sorteo dirixíndose á cidadanía cunha mensaxe clara: “grazas aos 170 socios da agrupación, que son exemplo de unión para toda Galicia“.
Iriarte tamén agradeceu o espírito de loita do comercio local: “cada vez está máis claro que os autónomos están feitos doutra pasta”. O presidente de Acisa tivo tamén unha mensaxe de agradecemento á veciñanza da comarca por envorcarse coas tendas e hostalería locais: “Ribadeo espera a todos cos brazos abertos cando desaparezan os peches perimetrais, tanto da Mariña como da veciña Asturias“, afirmou.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo destacou tamén a colaboración das diferentes administracións con Acisa como é o caso do Concello de Ribadeo, da Deputación Provincial de Lugo e da Xunta de Galicia. Ademais, agradeceu o traballo realizado polo persoal e pola directiva de Acisa e pediu “sentidiño” ante os próximos días.
PREMIADOS
Premio 2.000 euros – Rifa Nº 30.584 – Entregado en Óptica Miro.
Premio de 1.000 euros – Rifa Nº 105.562 – Entregado na Coqueta.
Premio de 500 euros – Rifa Nº 47.132 – Entregado en Bar Cienfuegos.
Premio de 100 euros – Rifa Nº 121.943 – Entregado en casa Domingo.
Premio de 100 euros – Rifa Nº 30.899 – Entregado en Óptica Miro.
Premio de 100 euros – Rifa Nº 123.294 – Entregado en Restaurante Marinero.
Premio de 100 euros – Rifa Nº 48.566 – Entregado en Farmacia Álvarez Lebredo.
Premio de 100 euros – Rifa Nº 66.452 – Entregado en O Xantar de Pazos.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que os premiados “teñen ata o 22 de xaneiro para reclamar o seu premio nas oficinas de Acisa Ribadeo, na rúa San Roque, 57- baixo, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas”. Pasada a data non se poderán reclamar os premios.
Pérez avisa aos clientes de que se aseguren do número das súas rifas “posto que puido haber intercambios entre negocios ou incidencias no control de entrega das rifas debido ao volume das mesmas, xa que se repartiron 125.000”. O presidente de Acisa tivo tamén palabras de agradecemento para a asociación de veteranos de Ribadeo FC “pola súa colaboración económica con estes premios”.