O sindicato CIG Saúde publicou este luns a través das súas redes sociais un vídeo no que critica ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) polo procedemento realizado no Hospital da Mariña “para converter a planta de traumatoloxía nunha área de atención á Covid-19“. A central critica “as condicións de traballo” nun centro hospitalario no que “levamos meses con plásticos e cinta adhesiva” para protexer ás traballadoras da unidade, que segundo concretou o xerente da área sanitaria acolle a 14 pacientes positivos.
“Desde CIG Saúde A Mariña convidamos á dirección (do Hospital da Mariña) a que empatice co persoal da planta Covid-19, e esiximos a realización das obras para que cumpra as condicións de seguridade e saúde dunha unidade destas características”, conclúe o sindicato.