IniciosociedadeCinco exemplos de que a supervivencia do galego pasa polos neofalantes

Cinco exemplos de que a supervivencia do galego pasa polos neofalantes

Eis a experiencia de cinco persoas que decidiron mudar o castelán pola lingua galega, algunhas delas como propósito de Aninovo

Publicada o

- Advertisement -

Eis a experiencia de cinco persoas que decidiron mudar o castelán polo galego, e algunhas fixérono mesmo como propósito de aninovo. Ás que veñen detrás, non dubidan en darlles azos: “Falar galego abre un mundo novo por explorar e desfrutar, e sempre trae moitas sorpresas!”.

E que tal se nos botamos a falar galego – ou, polo menos, máis galego – como propósito de cara ao ano que entra? “Para min foi un acerto seguro!”, fala Alba Rodríguez, unha moza viguesa que vai cumprir dous anos como neofalante. “Agora que está a piques de vir un novo ano e despois deste desastre de 2020… Por que non comezar cun idioma marabilloso coma este?”. Sábese ben que aquilo que un adoita propoñerse dun ano para outro, ás veces, cae en saco roto, pero se es desas persoas que anda indecisa ou que está a puntiño de dar o paso, pode resultar unha boa técnica inaugurar o 2021 falando galego.

A Noelia Nores tamén lle funcionou. Coa chegada do 2020, decidiu que a súa lingua habitual había ser o galego. O proceso foi gradual, paso a paso, ata que a finais do verán, en canto regresou de Moaña ao seu piso de estudantes en Compostela, deu a zancada definitiva.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...