Este mércores subministráronse as primeiras doses da vacina contra o coronavirus aos traballadores e traballadoras da rede pública sanitaria galega. Segundo concretou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), nesta primera xornada vacinarase uns 600 profesionais na área sanitaria de Lugo, Burela e Monforte, deles uns 250 profesionais na Mariña.
As vacinas subministraranse tanto nos centros hospitalarios como nos servizos de atención primaria, ademais dos do 061, e a intención e que nos vindeiros días se vacinen “uns 2.800 profesionais de primeira liña“. Así o concretou María Jesús Pérez Taboada, directora de Enfermería de Lugo.
A supervisora de Enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva, Mar Castro Murias, recalcou a importancia da vacina para conseguir a “desexada inmunidade de grupo” coa que se protexerá o conxunto da sociedade. Estes son os datos da Covid-19, segundo o reconto deste mércores, na Mariña e na provincia de Lugo.