IniciosociedadeA segunda dose da vacina aplicarase na residencia de Burela o vindeiro...

A segunda dose da vacina aplicarase na residencia de Burela o vindeiro martes

O proceso de vacinación na provincia comezará de novo no xeriátrico burelao; xa se subministrou a primeira parte do antídoto en toda a rede, a "7.000 persoas", agás nos centros con positivos

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este xoves de que o vindeiro martes, día 19 de xaneiro, iniciase na provincia a administración da segunda dose da vacina contra o coronavirus nas residencias da terceira idade e centros de discapacidade. Comezará no xeriátrico de Burela e seguirá a mesma cadencia q se seguiu na administración da primeira cantidade.

As mesmas fontes anunciaron que xa rematou na provincia a vacinación de todas as residencias, agás tres nas que aínda hai positivos, “que se vacinarán en canto sexa posible”. Segundo os datos do Sergas, “en total foron unhas 7.000 persoas as inmunizadas, entre traballadores e residentes“.

Segundo o cómputo diario do Sergas, estes son os positivos localizados nas residencias da provincia de Lugo:

MAIORES

36 Residencia da Pastoriza

3 Residencia de Maiores de Burela

12 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

2 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

18 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

19 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Burela

2 Domusvi Chantada

1 Residencia de Foz

1 Residencia Albertia Lugo

1 Domusvi Monforte

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada

1 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

PREVESE REMATAR DE VACINAR “ESTA SEMANA” A “2.800 SANITARIOS”

Respecto da vacinación do persoal sanitario, o Sergas prevé que “esta semana” tamén se remate o proceso para vacinar aos traballadores “de primeira liña” da provincia, uns 2.800, entre atención primaria e hospitais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...