“A impresión que temos algúns profesores é que o rendemento dos alumnos nesta primeira avaliación baixou moitísimo” di a profesora Conxita López. O comezo do curso 2020-2021 non está sendo doado nin para alumnos nin para profesores. “Ao mellor o feito de estaren sen exames durante oito meses é a causa, mais non é de todo seguro”. López compara isto co adestramento deportivo, “un deportista que leve case un ano sen adestrar non ten o mesmo rendemento nos primeiros días cando retoma o exercicio físico”.
O “exercicio” neste caso sería a memorización de conceptos, vertelos sobre papel para superar unha serie de materias que co tempo, segundo algúns dos profesores consultados, non quedarán na memoria dos e das alumnas. Superar as materias supón tranquilidade tanto para estudantes como pais e nais. Con todo, poderíase cambiar o método de aprendizaxe? Podería evitarse o fracaso escolar sobre todo en áreas economicamente deprimidas?
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.