A área sanitaria de Lugo–Burela–Monforte rexistra este luns 18 de xaneiro un total de 1.146 casos activos de coronavirus, 48 máis ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 82 novos positivos a través de PCR, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Dos 1.146 contaxiados, 50 permanecen ingresados (sete máis). O Hospital da Mariña atende 19 pacientes con Covid-19, seis máis ca onte; o HULA coida doutros 19 doentes infectados, entre eles os sete da área sanitaria que requiren de vixilancia intensiva; o centro hospitalario de Monforte ten seis casos.
No histórico da provincia documéntanse 152 falecidos, 7.054 altas e 8.357 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 141.309 PCR.
No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro acumula 271 positivos novos nos últimos 14 días e Xove 111. Burela está por debaixo dos 50 casos (47) detectados nas últimas dúas semanas, O Vicedo acumula 20, por 22 Cervo e 18 Ribadeo. O resto dos concellos da comarca teñen menos de dez contaxios nese mesmo prazo, sendo Trabada e Lourenzá os únicos libres de Covid-19.
Consulta a situación a nivel galego nesta ligazón do Galicia Confidencial.
RESIDENCIAS
MAIORES
30 Residencia da Pastoriza e apartamentos
3 Residencia de Maiores de Burela
8 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
4 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove
12 Residencia San Bartolomeu de Xove
TRABALLADORES
23 Residencia da Pastoriza
1 Residencia de Burela
2 Domusvi Chantada
1 Residencia de Foz
1 Residencia Albertia Lugo
5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)
1 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria
1 Meu Fogar de Taboada
1 Residencia de Trabada
2 Residencia Domusvi Viveiro
12 Residencia San Bartolomeu (Xove)